FESTA EN GALICIA
Pois hoxe voume permitir o luxo de escribir en galego, xa que onte foi o dia festivo en galicia, o dia do patron de Santiago apostol, onte fun a santiago de compostela fun pasar o dia alí, comer nunha carballeira, dende pulpo, empanada, churrasco, pimentos, viño, coca-cola, claro pagando ou levandoo da casa, pero o entorno e máxico e irrepetible,
Fixo moita calor, menos mal, xa que nestes dias, fixo ata frio, e choveu, que levaba tempo sen facelo.
Non entrei e escribin xa que me fun cedo e volvin tarde e cansada, pero hoxe, estou eiqui.
A foto e do venres pola noite, dende as 11:45 da noite votan unha cantidade de fogos artificiais, acompañando un traballo de son e luces, e imaxes proxectadas na fachada da catedral, que é algo impresionante e de non perderlo, as 12 en punto queiman unha replica da fachada feita de fogos de artificio, algunha vez teño pensando ir a ve-lo en directo, pero sempre traballo ise dia, e non me da tempo de ir alí, non perda a ilusión de facelo.


